RADIO.- Os boomers de PontevedraViva Radio voltan ao colexio... ou non
Por Redacción
Ante todo moita, moita, moita retranca. É o único necesario para comezar a escoitar, - e xa están na segunda tempada -, os podcast de 'Boomer o último' con Marcial Outeda e Jesús Fontanes como artífices deste programa sobrado de humor. Para empezar setembro; aínda que sendo máis precisos, para ir rematando setembro, tráense un tema pouco habitual nestas datas: a volta a cole.
Pero antes, como foi o seu verán?, que fixeron, ou que deixaron de facer durante esta tempada estival?. Coa mochila ao lombo, como eran os seus regresos ás aulas?... todos estes detalles, anécdotas e máis recordos desta parella - porque son dous-, neste primeiro capítulo. Ou quizais non... e resulte que a volta ao colexio non sexa máis que unha escusa para contar... Spoiler non, desde logo que non.
Iso si, algo imos avanzar: e é que a Jesús e Marcial xa se lles esqueceu que dentro deste podcast hai unha sección na que retuercen ata o aceiro e chámase 'Dereito ao despezamento'. Esquecéraselles, pero non nos esquecemos de lembrarllo xa que hai que empezar tempada ao grande e alguén fará o anuncio do ano...
Pódese escoitar o programa completo na ligazón que se adxunta e tamén escoitar e descargar desde a web de PontevedraViva Radio.
Relacionadas:
-
RADIO.- Discos dos 90 cargados de retranca para outra edición de 'Boomer o último'
Por Redacción |
-
RADIO.- Como identificar a un boomer e saber rirse de si mesmo. Un especial para pechar a primeira tempada de 'Boomer o último'
Por Redacción |
-
RADIO.- A túa peor película dos noventa? Ata pode que coincida coas de 'Boomer o último'
Por Redacción |