María Ramallo, aclamada na súa reelección como presidenta do PP de Marín
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/534c3247423f1-20140125-dt-partidopopularbibliotecademarin10.jpg)
© Diego Torrado
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/534c31f836cb0-20140125-dt-partidopopularbibliotecademarin09.jpg)
© Diego Torrado
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/534c31b2a94ee-20140125-dt-partidopopularbibliotecademarin05.jpg)
© Diego Torrado
María Ramallo continuará sendo a presidenta do Partido Popular de Marín ao ser a única candidatura presentada no quinto Congreso local da agrupación conservadora e ser votada polos preto de 250 afiliados que acudiron ao acto. A actual alcaldesa de Marín contou tamén co apoio do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que estivo acompañado polo secretario xeral do partido, Alfonso Rueda, o presidente provincial Rafael Louzán e a conselleira do Mar, Rosa Quintana.
A reelixida presidenta agradeceu no seu discurso o traballo desenvolvido polos anteriores presidentes locais da agrupación e destacou o labor que os populares están a realizar á fronte do Concello de Marín: "nos toca sanear las cuentas. Hasta vamos a pagar el agua al alcalde de Pontevedra porque hay que pagar siempre lo que se debe", sinalou. E destacou, ademais, outros logros como o fin dos atoamentos grazas á variante de Marín, a creación de prazas de aparcadoiro ou a defensa do Porto e das empresas que engloba. Ramallo recordou cando hai case 20 anos, ela entraba por primeira vez na executiva do partido en Marín e o entón presidente do PPdeG, Manuel Fraga, asistiu ao seu nomeamento.
O actual presidente do partido en Galicia, Alberto Núñez Feijóo, destacou a xestión realizada por María Ramallo tanto á fronte da agrupación como dende a alcaldía: "María acadou a maioría absoluta despois de doce anos nun momento máis difícil de Marín, Pontevedra, Galicia e España. Tócanos gobernar nos momentos máis difíciles. E temos un goberno en Marín disposto a seguir gobernando outros catro anos máis porque Marín é un Concello viable e sostible".
O comité executivo local de María Ramallo inclúe 22 vogais con Manuel Santos como secretario xeral e Pablo Novas como vicesecretario xeral.
Ao acto asistiron varios concelleiros do Partido Popular en Pontevedra co voceiro, Jacobo Moreira, á cabeza e o alcalde de Cotobade, Jorge Cubela.