O PSOE critica o traslado da feira a Bos Aires por ser unha "nova arroutada con tintes revanchistas"
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
A concelleira do Partido Socialista Yoya Blanco lamenta que o BNG consume a súa "obcecación" de levar a feira a avenida de Bos Aires e reafírmase na súa "convicción" de que a Alameda será a ubicación definitiva.
Yoya Blanco cre que "é cuestión de tempo" que o mercadillo esté "si ou si" onde reclaman os ambulantes "e o conxunto da cidadanía".
A concelleira do PSOE asegura que "non por agardada", esta "nova arroutada con tintes revanchistas" de trasladar a feira a avenida de Bos Aires se deixa de recibir "con tristura, decepción e indignación", a exhibir "unha absoluta falta de empatía e sensibilidade cunha demanda unánime das case 60 familias de vendedores e da abrumadora maioría da sociedade pontevedresa"
Yoya Blanco sostén que se trata dunha "vitoria pírrica e efémera", xa que o PSOE levará adiante a modificación da ordenanza reguladora de venda ambulante, e califica de "obsceno" que a concelleira Anabel Gulías adoptase esta decisión "sen ter en conta a opinión da Mesa Local de Comercio, que é o instrumento que ten o Concello para falar con tódolos sectores e asociacións do comercio"
Para Blanco, "un dos argumentos máis delirantes e difíciles de dixerir" é o de defender que existe un informe da Policía Local que asegure que non vai provocar problemas de tráfico.