As prazas son identitarias do centro histórico de Pontevedra, así que estas son as protagonistas dos tres primeiros capítulos de'Cos 5 sentidos' que fan un percorrido por este marco pontevedrés.
Este primeiro podcast - que serve do mesmo xeito que os próximos de audioguías - comeza andaina pola praza da Pedreira. Un enclave do que refire a súa denominación, usos e edificios emblemáticos. De aquí, seguindo o traxecto recomendado, a seguinte parada é a praza da Leña, da que igualmente se debullan referencias históricas e patrimoniais.
E para completar o primeiro dos programas, as dous seguintes protagonistas son a praza da Verdura e a praza de Méndez Núñez. Dous animados e concorridos enclaves da zona vella pontevedresa dos que se recupera en 'Cos 5 sentidos' o seu pasado e orixe.
Pódese escoitar na ligazón que se adxunta e igualmente descargar o podcast desde a web de PontevedraViva Radio.
'Cos 5 sentidos' é unha publicación divulgativa financiada polo Plan Social Ence.