O novo parque do Campo da Torre, listo para a súa inauguración
Tras seis meses de obras, o parque do Campo da Torre xa loce a súa nova imaxe. Os traballos de rehabilitación finalizaron xa e a súa inauguración producirase nos próximos días.
A obra, impulsada polo edil Desenvolvemento Sostible, Iván Puentes, no pasado mandato foi deseñada polo arquitecto Víctor Hermo.
No seu proxecto contemplábase a renovación da fonte existente coa creación de pequenas canles de auga ao redor da mesma.
Entre as accións que se levaron a cabo estivo a colocación de troncos de madeira que se utilizarán para realizar diferentes xogos de equilibrio e escalada.
Outro dos puntos máis destacados desta actuación foi a reestruturación do novo parque de lecer, gañando espazo público na parte da rúa que dá á praza de touros.
Ademais, realizouse a plantación dunha árbore na parte máis asollada do parque, que contribuirá xunto ao resto de árbores da zona para proporcionar sombra e un espazo de descanso.
Ademais, a árbore será utilizado como elemento de xogo ao crear ao seu ao redor unha estrutura de madeira a modo de "casa da árbore".
A reforma do parque do Campo da Torre contou cun orzamento duns 75.000 euros.