Explosión de cor na Reiboa coa 'festa holi' para celebrar o inicio do curso escolar
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Antes de que a rapazada de Poio volva ao colexio o próximo luns, houbo tempo para unha última festa. Foi a que se desenvolveu este venres na Praza da Reiboa, na Seca.
Todo este espazo tinguiuse de moita cor coa 'festa holi' organizada polo Concello, en colaboración do Centro Comercial A Barca.
Desde as seis da tarde, os asistentes gozaron de todas as actividades que había preparadas, porque ademais dos pos de cores.
Tamén houbo música e a animación do DJ Javi Solla, obradoiros de globoflexia, chapas e outras manualidades, inchables e numerosas sorpresas.
Nesta festa, segundo explica o goberno municipal, estiveron involucradas case todas as concellerías para facer que o inicio do curso sexa o máis especial e alegre posible.