A poda de eucaliptos obriga a pechar parte do aparcadoiro do Hospital Montecelo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Complexo Hospitalario de Pontevedra vai iniciar o traballo de poda dos eucaliptos situados ao bordo da estrada, fronte á entrada principal do Hospital Montecelo e na zona lateral do aparcadoiro. Con motivo destes labores e para previr posibles danos que se puidesen producir con motivo da caída de ramas evitarase o paso de peóns e de vehículos por este espazo.
Trátase dunha zona con importante tránsito de turismos e de cidadáns que se achegan ata o centro hospitalario e, por este motivo, decidiuse adoptar as medidas de seguridade necesarias para evitar algún accidente.
Segundo informan dende o Complexo Hospitalario de Pontevedra, a normalidade no aparcadoiro vai reestablecerse ao longo da próxima semana, en "o prazo máis breve posible" tan pronto como finalicen os traballos da poda, que conta con autorización municipal.