RADIO.-O flow e a retranca dun profesor de Primaria con decenas de miles de visualizacións en redes sociais
Por Marisa Ciordia
Tres cosas hai na vida dicía unha exitosa canción con décadas encima... e unha coincide coa fórmula que utiliza o protagonista deste podcast 'Cara a cara': "música, humor e amor". Iago Martínez Martínez é de Combarro. O seu traballo está na docencia, é profesor no Colexio das Doroteas de Pontevedra. E ademais acumula decenas de miles de visualizacións en Youtube cos seus vídeos como artista musical e outras tantas decenas de miles no seu bis cómica como Eu-genio Parodias.
Cóntanos que a vea musical é herdanza familiar e que a continuou con formación no Conservatorio. Na súa canle a música é urbana, reguetonera concretamente e no caso do último vídeo de finais de xullo, se modula nun reguetón aflamencado que se engancha ao oído. En 'Tu condena' colabora con Yennia, un produtor e cantante galego en cuxo estudo xa gravara os temas anteriores.
A retranca, ademais de como bo galego, veu da man da música porque desde neno non se perdía unha sesión do concurso de charangas no Teatro Principal de Pontevedra acompañado da súa nai. "Soñaba con estar encima do escenario", di. Meu dito meu feito, buscádeo entre a charanga Equipo Ja, tan presente e aplaudida nesta cidade.
De tempo dispón, libre xa é motivo de dúbida porque a todo o anterior hai que sumar que tamén é adestrador de fútbol no Combarro. E quédalle tempo para a súa familia e os seus amigos, razóns que están presentes en todas as facetas sinaladas. Ah! e os seus alumnos cos que indubidablemente e como resulta evidente, tamén goza. O programa completo pódese escoitar na ligazón que se adxunta e tamén se pode descargar na web de PontevedraViva Radio.