Cine e ludoteca, un plan perfecto co que o FICBueu favorece a conciliación
Por Redacción
O Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBUEU) converterase este ano no primeiro festival galego de cinema con ludoteca gratuíta para facilitar a conciliación.
Con esta iniciativa, segue a estela de grandes festivais internacionais de cinema coma Berlín, Cannes ou San Sebastián e dá un paso máis no seu compromiso social.
Trátase dunha ludoteca para nenas e nenos de 3 a 10 anos que busca facilitar a asistencia de nais e pais ás proxeccións das curtametraxes programadas e tamén ás actividades culturais relacionadas co certame, que terá lugar entre o 8 e o 23 de setembro na vila pontevedresa.
A ludoteca será gratuíta e disporá de 15 prazas, que se cubrirán por orde de chegada. Estará ubicada no Centro Social do Mar de Bueu e abrirá dende o luns 11 setembro ata o sábado 16, de 17.30 a 21.00 horas.
O espazo de ocio estará supervisado por persoal do FICBUEU e disporá de xogos (algúns deles feitos e cedidos pola Asociación Juan XXIII de Cangas), contos e libros, actividades creativas e tamén zona de descanso.
O FICBUEU celebrará a súa 16 edición coa proxección de 89 curtametraxes dunha trintena de países dos cinco continentes, das que 28 participarán na ‘Sección Oficial‘.
Relacionadas:
-
O director holandés Joris Ivens, pioneiro do cinema documental, protagonista do CadernoFICBUEU#4
Por Redacción |
-
A nova xeración do cinema galego, presente este domingo no FICBUEU
Por Redacción |
-
'20.000 especies de abellas', película candidata a representar a España nos Oscar chega ao FICBUEU
Por Redacción |
-
FICBUEU comeza este venres coa vangarda audiovisual internacional e reforzando o compromiso social
Por Redacción |
-
As entradas para o FICBueu xa están á venda
Por Redacción |
-
A praia da Banda do Río convértese nunha sala de cine
Por Redacción |
-
Silvia Lobo, Manuel Monzón e Mihai Chirilov, xurado oficial do FICBUEU 2023
Por Redacción |
-
O FICBUEU regresa en setembro con 89 curtametraxes de preto de 30 países
Por Redacción |