Pontevedra 'líbrase' dos valados das obras xa rematadas
Por Alejandro Espiño
Ao traballo de retirada das cabinas telefónicas que se estivo a facer estas semanas en toda a cidade sumouse outra actuación que, co mesmo obxectivo, busca que os espazos públicos estean nas mellores condicións posibles.
O Concello deu a orde de retirar da vía pública os valados de obras xa executadas, moitos dos que seguían expostos por motivos legais e de financiamento.
Así, ao longo dos últimos días foron desinstalados e recollidos os valados de gran tamaño nas rúas Alameda (con Echegaray), Gonzalo Gallas, Josefina Arruti ou a Avenida da Estación.
"Seguimos con ese proceso de posta en valor e deixar a cidade en estado de revista o espazo público da cidade, tal e como indicamos desde o primeiro día deste mandato", explicou o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.