![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/e72/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/64edc42eaf-20230829-erasmus-3.jpg)
© Deputación de Pontevedra
Luis López recibe aos mozos do Erasmus+ que comezarán en outubro as súas prácticas no estranxeiro
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/80d/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0knKLynJz1WyrgUA_/64edc41582-20230829-erasmus-1.jpg)
© Deputación de Pontevedra
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/065/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/64edc44d03-20230829-erasmus-2.jpg)
© Deputación de Pontevedra
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado do vicepresidente provincial Rafa Domínguez, asistiu este martes á reunión preparatoria da próxima mobilidade do programa "Erasmus+ 2022" na que 45 alumnos de 16 centros de ensino comezarán prácticas en empresas e entidades de países da Unión Europea (Finlandia, Irlanda, Italia, Malta e Portugal) a partir do 2 de outubro.
Coa súa adhesión ao programa europeo, a institución provincial ofrece ao alumnado de Formación Profesional da provincia bolsas para completar a súa formación e acompañamento e apoio durante toda a súa estancia no estranxeiro.
O presidente provincial, Luis López, salientou que participar no programa será para eles unha oportunidade "para completar as vosas destrezas e coñecementos", para "prepararvos para outras situacións na vida" e tamén "un grande impulso que facilitará a transición da vosa etapa de estudantes á inmersión no mercado laboral".
O presidente da Deputación garantiu que "malia que haxa momentos nos que vos vexades fisicamente sos, a Deputación sempre vai estar ao voso carón para guiarvos, axudarvos e apoiarvos en todo o necesario para que estes meses sexan unha experiencia positiva".
A reunión deste martes, que tivo lugar no Edificio Administrativo da Deputación, serviu para explicar ao alumnado as súas obrigas, medios á súa disposición, medidas de seguridade, posibles incidencias ou modificacións, e tamén aspectos culturais dos seus países de acollida así como recomendacións para a viaxe e estancia no estranxeiro.
Ao remate, o alumnado reuniuse particularmente con persoas intermediarias das organizacións nas que realizarán as prácticas para comentar polo miúdo as características das entidades e en que consistirán as súas estadías.
Relacionadas:
-
A Deputación mobiliza máis de dous millóns de euros para a provincia
Por Oskar Viéitez |
-
Plantación europea de sabugueiros como reivindicación da contorna natural do Gafos
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
60 estudantes completarán a súa formación en Europa a través da Deputación
Por Rosalía Rico Otero |