Lores cre que o PSOE desautoriza a xestión da anterior concelleira de Igualdade
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores considera unha "desautorización" á xestión da anterior concelleira de Igualdade, Yoya Blanco as críticas do PSOE ao Punto Morado que se instalou durante as festas da Peregrina.
A concelleira socialista Paloma Castro afirmou en rolda de prensa que "o goberno local está a frivolizar e racanear á hora de protexer ás mulleres ante a violencia machista" e criticou que o Punto Morado instalado "non garantía a intimidade, privacidade e profesionalidade que require a primeira atención dunha vítima de agresión, abuso ou acoso sexual".
Preguntado por estas críticas en rolda de prensa o alcalde comentou que "este ano as festas están a ser un éxito" coa cidade "de bote en bote" e enmarcou estas críticas do PSOE na intención de "empañar o resultado das festas".
"O que pasa é que intentar empañar o éxito das festas con esta cuestión eu creo que é unha desautorización da concelleira Yoya Blanco que era a responsable desta cuestión ata hai dous meses", manifestou o alcalde.
Lores sinalou que "todo o mundo sabe que estas cuestións hai que telas previstas previamente" en referencia á instalación de Puntos Morados "porque non se fan contratacións dá noite á mañán, teñen que estar previstas".
O alcalde engadiu que "algunhas propostas que se fan de seguridade houbo moito tempo para facelas".
Relacionadas:
-
O PP pide ao Concello de Pontevedra que habilite un piso de acollida para mulleres maltratadas
Por Oskar Viéitez |
-
O PSOE acusa o BNG de "frivolizar" e "racanear" na protección das mulleres e pide datos sobre os puntos violetas das festas
Por Natalia Puga |
-
O PSOE alerta de falta de persoal e medios no CIM de Pontevedra
Por Redacción | Creada e actualizada