Comeza a Festa do Mar en Combarro
Por Oskar Viéitez
A edición máis mariñeira da Festa do Mar de Combarro foi inaugurada este xoves, na Praza da Chousa. Ata o domingo, combinará gastronomía, música, tradición mariñeira e exposicións sobre o mar e as súas xentes, recuperando así a filosofía coa que naceu esta celebración.
A Festa Mariñeira, o sábado e o domingo, servirá para que os veciños e visitantes se vistan con traxes tradicionais para ambientar as rúas e impregnar Combarro dun auténtico ambiente mariñeiro.
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, e o deputado de Medio Ambiente e Mar da Deputación de Pontevedra, Marcos Guisasola acompañaron ao alcalde de Poio, Ángel Moldes, no acto de inauguración da festa, ambos destacaron a importancia que ten este eventos na difusión e posta en valor da gastronomía e do patrimonio vencellados co ámbito marítimo-pesqueiro.
Ademáis salientaron a implicación e a colaboración de distintos colectivos sociais, culturais e deportivos así como da hostalería local e da veciñanza.
Alfonso Villares engadiu que os asistentes tamén poderán saborear os petiscos feitos con produtos certificados do mar e outros produtos da terra con denominación de orixe que se elaboran nunha das foodtrucks da campaña ‘Galicia Sabe Amar’ que está na praza da Chousa.
Nesta edición, a hostalería, os restaurantes e as tabernas cobran maior protagonismo, xa que os productos do mar consumiranse nos seus locais para, deste xeito, comprobar directamente a calidade dos productos que ofrecen. Desde o Goberno local explican que queren involucralos na festa e así evitar ser competencia dos negocios locais.
En canto á cultura mariñeira, a Festa do Mar de Combarro inclúe un encontro de embarcacións tradicionais que conta coa colaboración do Club Mariño A Reiboa e varias exposicións. Entre elas, mostras sobre a pesca e embarcacións tradicionais co apoio do Museo do Mar de Galicia; de maquetas de barcos cedidas por Paco 'o de Arís', veciño de Poio, e tamén relacionadas coa captura do bacallau e o importante labor das mulleres bateeiras, esta última coa colaboración da Organización de Produtores de Mexillón de Galicia (Opmega) e da Asociación de Mexilloeiros de Combarro e Raxó (Ameconra).
Con respecto á Mostra da Canción Mariñeira, este ano participarán as agrupacións Chispas do Lérez, Cantadeiras Bulideiras e A Maquía, que cantarán o venres ás 21.30 horas, así como Grupo Samieira, Vento Mareiro e Cantadores Tradicionais de Moaña, que actuarán o domingo ás 20.30 horas.
Relacionadas:
-
Satisfacción en Poio polo éxito dunha Festa do Mar que "recuperou a súa esencia"
Por Redacción |
-
O primeiro vermú mariñeiro da Festa do Mar de Combarro foi "un éxito"
Por Redacción |
-
A Festa do Mar inclúe o espectáculo Los Gabytos, un tributo a Michael Jackson e o concerto de Roi Casal
Por Oskar Viéitez |
-
A Festa do Mar de Combarro, un evento con "espírito mariñeiro"
Por Redacción |
-
Combarro acollerá o espectáculo de Kubo, a orquestra co camión-escenario máis grande de Europa
Por Redacción |