A Festa do Mar inclúe o espectáculo Los Gabytos, un tributo a Michael Jackson e o concerto de Roi Casal
Por Oskar Viéitez
O venres 25, partir das 20.00 horas e con entrada libre, o Concello de Poio trae ata Combarro o espectáculo Los Gabytos, único tributo oficial a Gaby, Fofó e Miliki, os aclamados “Paiasos da Tele”, dentro da programación da Festa do Mar que se celebra entre o xoves e o domingo na Praza da Chousa.
Non será o único espectáculo infantil que inclúe a edición deste ano, xa que entre o xoves e o sábado, todos os días ás 20.00 horas haberá propostas para un público máis familiar. Así, o xoves actuarán os clown do Circo Chasco e o sábado a compañía de Marta Iglesias 'Sempre Arriba'.
Xunto ás propostas para os máis infantís, a programación tamén inclúe actuacións e concertos musicais. O xoves, inaugurando as festas, actuará a orquestra Kubo ás 23.00 horas.
Xa o venres, será a quenda doutro tributo, esta vez a Michael Jackson con Michael Legend, que comezará ás 23.30 horas.
O sábado haberá dobre cita, ás 22.30 horas co concerto dos Corunchos e ás 00.30, tras os fogos artificiais, coa actuación de Roi Casal que levará ata Poio o seu novo espectáculo Ambos Mundos.
E o domingo, o último día de festa, subirase ao escenario a orquestra América (23.00 h).
Durante a fin de semana tamén haberá música e concertos nos vermús mariñeiros, na carpa de desgutación, coas actuqacións de Algo Pasa con Mery e Raúl e Cía. Os dous concertos serán o sábado e domingo, respectivamente, ás 13.30 horas.
Estas propostas infantís e musiciais forman parte dunha programación na que tamén se combina gastronomía, embarcacións tradicionais e exposicións coas que se pretende recuperar o espírito mariñeiro da Festa do Mar de Combarro.
Relacionadas:
-
Satisfacción en Poio polo éxito dunha Festa do Mar que "recuperou a súa esencia"
Por Redacción |
-
O primeiro vermú mariñeiro da Festa do Mar de Combarro foi "un éxito"
Por Redacción |
-
Comeza a Festa do Mar en Combarro
Por Oskar Viéitez |
-
A Festa do Mar de Combarro, un evento con "espírito mariñeiro"
Por Redacción |
-
Combarro celebra unha nova Semana Cultural e Festiva do San Roque
Por Redacción |