Apoio do Concello aos veciños de Ponte Sampaio, reclamando ao Sergas médico no consultorio "durante todo o ano"
Por Diego Espiño
A indignación dos veciños de Ponte Sampaio por levar todo o mes de agosto sen atención médica no seu consultorio, trasladada a PontevedraViva, recibiu este sábado o respaldo do Concello de Pontevedra.
A través dun comunicado o gobiermo municipal solidarízase con eles instando ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) a "substituír á médica que consulta durante todo o ano cando se produzan as súas baixas, días libres ou vacacións, como é neste caso, xa que esta decisión do Sergas obriga aos pacientes a trasladarse a Pontevedra para case todas as xestións médicas".
Asegura o Concello que a atención médica en Ponte Sampaio vén sendo deficitaria os últimos anos durante o verán, pero ata o de agora non se deu o caso de non relevar á facultativa titular do consultorio como agora está a suceder.
"Esta situación permite afirmar que o Sergas considera os veciños de Ponte Sampaio de segunda", defenden desde o goberno local.
Ademais a administración municipal afirma que non consentirá que o Servizo Galego de Saúde acabe pechando o consultorio "tal e como tratou de facer durante a pandemia, cando retirou a atención médica do centro e obrigou a toda a veciñanza a desprazarse a Pontevedra".
Relacionadas:
-
Para "mellorar a confianza" dos pacientes os sanitarios identificaranse con tarxetas personalizadas
Por Redacción |
-
O PSOE insta á Xunta a cubrir a baixa da médica no centro de saúde de Ponte Sampaio
Por Oskar Viéitez |
-
O BNG leva ao Parlamento a situación "inadmisible" do centro de saúde de Ponte Sampaio
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Indignación en Ponte Sampaio por outro mes sen médico: "En agosto estamos todos sans? Ou é que somos de segunda?"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |