Atopan morto na súa casa a un home tras un aviso de incendio na rúa María Victoria Moreno
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
Os servizos de emerxencias atoparon este xoves a un home de 61 anos falecido nun domicilio ds rúa María Victoria Moreno.
O home convivía coa súa tía, de avanzada idade. Foi o dispositivo de teleasistencia o que alertou á Cruz Vermella dun incendio na vivenda, ás 14.58 horas.
Ao chegar ao lugar os axentes atopáronse co corpo sen vida na cociña, segundo informa a Policía Local. Tamén acudiron os Bombeiros, a Policía Nacional e e dúas ambulancias de Urxencias Sanitarias.
A Policía Nacional investiga o suceso, a primeira hipótese apunta a unha morte natural. O home estaba a cociñar e por causas que se descoñecen, caeu ao chan. O fume foi provocado pola comida ao lume declarándose un incendio de escasa entidade.
Segundo informou o 112 Galicia a muller que non precisou ser trasladada a un centro sanitario.