A Escola Naval Militar de Marín recibe a visita do Almirante Xefe de Persoal da Armada
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Almirante Xefe de Persoal da Armada (ALPER), José Antonio Ruesta Botella, visitaba este martes 21 a Escola Naval Militar (ENM) para coñecer as necesidades e inquietudes do persoal docente e os labores de investigación que o Centro Universitario da Defensa (CUD) pretende realizar a partir do próximo curso.
Ruesta Botella visitaba a Escola por primeira vez e durante o seu transcurso estivo acompañado polo Director de Ensino Naval, o contralmirante Marcial Gamboa Pérez-Pardo. O acto de revista desenvolveuse no ximnasio cun desfile precedido pola rendición de Honras de Ordenanza.
O almirante José Antonio Ruesta Botella, que obtivo o despacho de Alférez de Navío en 1978, estivo destinado, ao longo da súa carreira profesional, en numerosos buques da Armada, en Estados Maiores como o da Frota e a Agrupación Naval Permanente da OTAN no Mediterráneo, así como no Cuarto Militar de Su Majestad el Rey e a propia Escola Naval Militar, neste último como Comandante de Brigada da Súa Alteza Real o Príncipe de Asturias cando cursou os seus estudos como alumno da ENM.