Sen facultativos no consultorio médico de Raxó
Por Anxo Lourido
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A xerencia da área sanitaria decidiu este verán non cubrir as vacacións durante este mes da médica titular do consultorio sanitario de Raxó, no municipio de Poio.
Unha situación similar produciuse hai trece meses, que tivo como consecuencia o inicio dunha mobilización veciñal con protestas nas que participaron todos os partidos políticos demandando a presenza de persoal facultativo neste centro para evitar desprazamentos dos pacientes, principalmente persoas maiores, a outros puntos sanitarios.
Vendo que a situación se repite este verán, representantes da Sociedade Cultural e Deportiva Raxó e usarios deste consultorio médico alertan ás autoridades sinalando que, precisamente durante este mes, a poboación multiplicouse por cinco na contorna de Raxó debido a ser tempada alta.
Fan un chamamento ao Concello de Poio, de quen depende a Mesa en Defensa dúas Dereitos Sanitarios do municipio, na que teñen representación os grupos políticos da corporación, para que estuden esta situación e convoquen aos colectivos sociais de Poio para dar resposta a esta falta de facultativos no consultorio sanitario durante estas semanas.
REACCIÓN DO CONCELLO
O Goberno local de Poio trasladou este luns ao Sergas a súa preocupación pola falta de facultativos no consultorio médico de Raxó, e reclama respostas para coñecer cal é a situación e as posibles solucións e alternativas que se poden adoptar.
Asemade, din que son "conscientes das dificultades que existen para cubrir as prazas de médicos en atención primaria pola inacción do Goberno central para paliar o déficit de profesionais", pero amosan a súa preocupación porque o servizo poida quedar desatendido nun momento no que a poboación en Poio incrementa notablemente.
Relacionadas:
-
Protesta do BNG de Poio porque o goberno local do PP rexeita fretar buses para a manifestación pola sanidade pública
Por Redacción |
-
Para "mellorar a confianza" dos pacientes os sanitarios identificaranse con tarxetas personalizadas
Por Redacción |
-
Remata a humanización de espazos na Unidade de Partos do Hospital Provincial
Por Redacción |
-
O centro de saúde de Raxó, un "símbolo" da xestión "caótica e nefasta" da sanidade galega
Por Alejandro Espiño |
-
Concentración en Raxó para requirir persoal médico e un servizo sanitario "con todas as garantías"
Por Redacción |
-
O Sergas sostén que o Consultorio de Raxó garantirá a atención asistencial con persoal de servizos xerais e de enfermería
Por Redacción | Creada e actualizada