Javier López Viñas co seu pregón inaugura as festas do Divino Salvador de Poio
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/db1/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/64cf66b074-2023_0805_22071700-1-.jpg)
© Concello de Poio
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/8cf/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/64cf66f58d-2023_0805_22052500.jpg)
© Concello de Poio
Comezaron as festas do Divino Salvador de Poio co pregón a cargo de Javier López Viñas, fundador dos Xogos de Verán de Lourido e do Clube Atletismo Poio.
Na súa intervención, lembrou as vivencas persoais na parroquia e a súa traxectoria como promotor de cultura deportiva no municipio.
A xornada continuou cun aperitivo acompañado pola música da Banda de Gaitas Vides Novas. Finalmente celebrouse a verbena do Grupo Puzzle.
Durante este domingo, ás 12.30 horas, está prevista a tradicional misa solemne e a procesión en honra de San Salvador. Durante a noite chegará a verbena a cargo das orquestras Magos e Alianza.
Xa o luns, ademais da misa dedicada á Virxe do Carme ás 12.30 horas, as persoas que asistan poderán gozar da Gran Verbena a partir das 21.00 horas coa Orquestra Marbella e o Grupo Azabache.
Durante o martes 8 chegará o protagonismo dos escolares cunha festa infantil e actuacións con pallasos.