A demolición de parte das Galerías Oliva e do edificio superior cambia a fachada de Gutiérrez Mellado
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
En apenas tres meses, a rúa Gutiérrez Mellado de Pontevedra cambiou xa para sempre. A derriba do edificio do número 3 da rúa que comezou a principios de maio chegou ao mes de agosto tan avanzada que o inmoble xa desapareceu totalmente e, no seu lugar, hai un oco de grandes dimensións.
Coa desaparición deste edificio, ademais, desapareceu para sempre unha parte das Galerías Oliva, que xa forman parte da historia de Pontevedra.
Comerciantes da rúa Gutiérrez Mellado confirman a rapidez coa que este edificio desapareceu totalmente e tamén que desde inicios desta semana a imaxe que presenta a rúa é esta nova, sen este edificio, que deixa ver, ao fondo da parcela agora baleira, o inicio da outra parte das Galerías Oliva, que xa non teñen edificio enriba, senón que simplemente teñen unha cuberta.
A demolición deste edificio foi o primeiro paso para facer realidade a operación urbanística que prevé demoler parte das Galerías Oliva e dous edificios en Gutiérrez Mellado e Michelena. O seguinte paso será a demolición do número 11 de Michelena.
O promotor da obra, Hercor Investimentos S. L., contratou como arquitectos directores da demolición a Rogelio Pérez Conde e Antonio Ameijeiras Sánchez, do estudo vigués Espazo B12 Arquitectos. Cíes Atlántico SLU encárgase de coordinar a seguridade destes traballos que executa Obras e Construcións Preda SL.
Relacionadas:
-
O fin dunha era: pecha un tramo das Galerías Oliva e derruban o edificio por Gutiérrez Mellado
Por Natalia Puga |
-
Adeus a 37 anos na noite pontevedresa: o Karaoke Michelena bota o peche
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
As galerías da Oliva resisten a ritmo de calceta e ganchillo
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Arrinca a demolición de parte das Galerías Oliva: "Todo vai rapidísimo"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Elimínase o dereito de paso ás Galerías durante as obras de demolición do edificio número 3 de Gutiérrez Mellado
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Preocupación nas Galerías Oliva polo inminente peche da saída cara a Gutiérrez Mellado
Por Alejandro Espiño |