![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/6c5/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0knKLynJz1WyrgUA_/64c792eef1-3f9d10c6b5d4c9db3ea46d08f95cc5dcdf1677c7w.jpg)
© EFE / Lavandeira Jr
Dan 20 días de prazo para revisar todas as balaustradas do edificio de Sanxenxo no que cedeu un balcón, causando catro feridos
O Concello de Sanxenxo enviou un requirimento oficial á comunidade de propietarios do edificio Isla, na Rúa Madrid, para que revisen e reparen de ser necesario os seus balcóns, tras o accidente que terminou a noite do pasado xoves 27 de xullo con catro mozos feridos de diversa consideración ao ceder a balaustrada do piso no que se atopaban.
O goberno local dálle aos veciños 20 días de prazo para certificar o bo estado de todos e cada un dos balcóns, debendo enviar o pertinente informe das actuacións.
Esta demanda prodúcese poucos días despois do suceso, que provocou unha inspección de urxencia por parte dos servizos técnicos municipais para garantir a seguridade.
UN DOS MOZOS FERIDOS, DADO DE ALTA
Doutra banda tres dos mozos que resultaron feridos no suceso continúan recuperándose das lesións sufridas.
O caso máis grave permanence no Hospital Clínico de Santiago, ao que foi derivado o mesmo día do accidente para ser atentido na Unidade de Coidados Intensivos.
En canto aos dous feridos atendidos no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, en Montecelo, o Servizo Galego de Saúde confirmou que un deles foi dado de alta domiciliaria o pasado 29 de xullo, mentres que o segundo foi trasladado esa mesma xornada ao seu centro hospitalario de referencia en Madrid.
Relacionadas:
-
Arra propón unha fin de semana de pintura e gastronomía
Por Redacción |
-
Feridos catro mozos ao caer dun balcón en Sanxenxo
Por Redacción | Creada e actualizada