Concentración de protesta en Sanxenxo pola visita de Juan Carlos I
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
"Galiza non ten rei. Por unha república galega". Así rezaba a pancarta que presidiu este sábado a concentración de protesta convocada pola presenza do rei emérito Juan Carlos I en Saxenxo.
A protesta estaba convocada por Galiza Nova, organización xuvenil do BNG, e contou coa presenza do único deputado do partido nacionalista no Congreso, Néstor Rego.
"Rexeitamos a monarquía por ser un réxime inxusto, que fai prevalecer os privilexios por nacemento dunha familia e que perpetúa a idea centralista e imperialista do Estado español", asegurou Rego lembrando que "xa temos manifestado o noso rexeitamento tamén no Congreso dos deputados nas dúas visitas anteriores, non é tolerable que o goberno dun Estado que se di democrático permita que unha persoa que marchou del fuxindo da xustiza volva cando queira, impune e sen ser xulgado polos seus delitos".
Pola súa banda a Secretaria Xeral de Galiza Nova, Marta Gómez, afirmou que "a monarquía española é unha institución corrupta que atenta directamente contra os valores democráticos do noso pobo, todos os sucesos que a rodean demóstrano e que o rei fuxido pasee por Galiza impunemente aínda máis".
Relacionadas:
-
Juan Carlos I abandona Sanxenxo e emprende o seu regreso a Abu Dhabi
Por Diego Espiño |
-
Última xornada de regatas de Juan Carlos I en Sanxenxo, de novo acompañado pola Infanta Elena
Por Diego Espiño |
-
A Infanta Elena, en Sanxenxo xunto a Juan Carlos I na primeira xornada de regatas para o 'Bribón'
Por Diego Espiño & Natalia Puga |
-
Expectación en Sanxenxo pola presenza do rei emérito, que sae a navegar pola ría
Por Diego Espiño |
-
O rei emérito, por terceira vez en Sanxenxo tras establecerse en Abu Dabi
Por Natalia Puga |
-
O rei Juan Carlos I regresa ás regatas de Sanxenxo esta fin de semana
Por Natalia Puga |