Todo preparado para un novo Campionato Mundial de "Colchonetas"
![Anxo](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/de8/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/5ea1c6e445-_dsc1161.jpg)
Por Anxo Lourido
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/91e/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/64c3938c95-291996078_492880842643461_410005581724979725_n.jpg)
© Asociación Lúdica Cultural 'O Cubreiro'
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/6d0/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/64c393cee5-291938493_492879605976918_6359002011212886509_n.jpg)
© Asociación Lúdica Cultural 'O Cubreiro'
Regresa o denominado Campionato Mundial de "Colchonetas" de Sanxenxo. A décimo terceira edición celebrarase entre a praia da Panadeira e a dos Barcos este domingo 30 de xullo, organizada pola asociación Lúdica e Cultural 'O Cubreiro'.
Nesta ocasión solidarízanse coa asociación de Peludos Invisibles de Sanxenxo (APIS) cun posto onde quen queira pode deixar comida para animais.
Como é habitual, nesta competición avalíase a modalidade deportiva pero tamén o sentido do humor para escoller o disfrace e o colchón mergullable co que se compite na proba.
Un grupo de 30 persoas, segundo a organización, xa se apuntou desde Santiago de Compostela para participar nesta espectacular proba. Realizáronse 55 peticións de folla de inscrición a través de correo electrónico: info@ocubreiro.com. Tamén se pode descargar da páxina de Facebook do Cubreiro.
A inscrición durante esa xornada comeza hora e media antes da carreira. Entregaranse os dorsais e tomaranse as medidas de seguridade oportunas. Na categoría infantil, os participantes deberán utilizar obrigatoriamente chaleco salvavidas, que facilita a organización.
Como en edicións anteriores haberá espazo para o Photocall oficial do evento e o quecemento organizado previo á carreira.
Establécense tres categorías. Ás 12.30 horas tomarán a saída os menores de 10 anos. Ás 13.15 horas será a quenda para escolares con idades comprendidas entre 10 e 14 anos.
A carreira de adultos comezará ás 14.00 horas. Despois de cada unha das probas realizarase a entrega de trofeos aos tres primeiros clasificados na proba deportiva e aos tres mellores disfraces individuais, á mellor parella e aos colchóns mergullables máis orixinais. Tamén se entregará premio aos mellores disfraces grupais.
Na anterior edición participaron preto de 350 persoas nesta proba xa clásica do verán en Sanxenxo.