O emisario submarino dos Praceres, pendente de "flocos administrativos" para entrar en fase de probas
![Natalia](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/9b5/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/577f8fbb69-hkm23_ri.jpg)
Por Natalia Puga
"Flocos administrativos" son, nestes momentos, o último escollo para que o novo emisario submarino dos Praceres entre en fase de probas e, logo, comece a funcionar.
Así o comentou este mércores a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, durante unha visita a Pontevedra, na que avanzou que a Xunta de Galicia "agarda" que esta fase de probas poida poñerse en marcha durante o mes de agosto.
"O máis difícil está feito", lembrou Ethel Vázquez, en alusión á mellora da depuradora e ás obras do novo emisario, que comezaron en xuño do ano 2021 cun investimento de 12 millóns de euros.
Tamén destacou a importancia de que con este emisario se esquiva unha sanción europea millonaria por contaminación da ría de Pontevedra.
A construción do novo emisario submarino ten como obxectivo separar as verteduras industriais e os residuais e que conte coas dimensións idóneas ás necesidades actuais e futuras; sendo deseño para dar servizo a unha poboación aproximada de 141.204 habitantes para o ano horizonte 2042.
O novo emisario estará preparado para actuar e tratar as augas residuais en caso de fallo da estación depuradora de augas residuais de Vos Praceres.
Tanto a mellora da depuradora como a construción do novo emisario submarino forman parte do Plan de saneamento local elaborado pola Xunta tras unha exhaustiva análise do actual sistema que foi dialogado cos concellos e cos mariscadores da ría e que prevé un investimento total da Administración autonómica de preto de 47 millóns de euros.
Relacionadas:
-
Mari Carmen Vázquez, patroa maior de Lourizán: "O punto Cocheras é fundamental. Queremos que esa zona cero desapareza"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Xa funciona a pleno rendemento o novo emisario submarino da depuradora dos Praceres
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Comezan con éxito as probas de funcionamento do novo emisario submarino da depuradora dos Praceres
Por Redacción |
-
Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas, anuncia que o novo emisario submarino funcionará plenamente a finais de mes
Por Redacción |
-
Adxudicada por 23,2 millóns de euros a ampliación da depuradora para Sanxenxo e Poio e o emisario submarino
Por Redacción |
-
Ethel Vázquez, sobre o antigo emisario da depuradora: "Non vemos impedimento para que o poida utilizar ENCE"
Por Anxo Lourido |
-
O novo emisario submarino comezará a funcionar en xaneiro
Por Oskar Viéitez |