Identifican dous condutores que levaban un ano montando en Baión un circuito ilegal de coches
![Natalia](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/9b5/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/577f8fbb69-hkm23_ri.jpg)
Por Natalia Puga
Un complexo operativo de vixilancia posto en marcha pola Policía Local de Vilanova de Arousa permitiu identificar a dous condutores que, desde hai un ano, usaban o cambo da festa de Baión a modo de circuíto ilegal de coches no que realizaban buxainas e manobras perigosas.
Así o confirmaron este mércores o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, e o xefe da Policía Local, Diego Díaz, que compareceron #ante os medios para explicar a investigación, que aínda segue en marcha. Non descartan que teña como resultado a identificación de máis implicados.
Gonzalo Durán explicou que era imposible ter un axente de forma permanente no lugar, de modo que se ideou un sistema de videovixilancia co que realizaron gravacións da actividade ilegal rexistrada nesta zona do municipio.
Como resultado de dúas semanas de gravacións, "al final cayeron los pajaritos", en palabras de Gonzalo Durán. As imaxes captadas permiten identificar a estes dous sospeitosos con nitidez.
Este circuíto ilegal xeraba ruídos e a altas horas da madrugada e situacións de risco para a seguridade viaria, por iso é polo que se optou para poñer en marcha este plan. Agora, a investigación segue en marcha e non se descarta que exista outro punto na zona que se utilice con estes mesmos fins.
Os dous sospeitosos foron identificados e serán sancionados pola vía administrativa por condución temeraria, unha conduta que pode supoñer o pago de multas de entre 500 e 1.500 euros, ademais da perda de seis puntos do permiso de conducir.
Durante a comparecencia, aseguraron que "en Vilanova no se van a consentir este tipo de conductas" e seguirase actuando a modo preventivo para evitalo e tamén para investigalo.