A cuberta do Pavillón de Deportes convértese nun coador
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
As últimas sarabiadas converteron á cuberta do Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra nun coador.
As filtracións de auga afectan aos ximnasios das catro esquinas e unha pista de velocidade lateral.
Dende o Instituto Municipal de Deportes (IMD) manteñen toda a actividade deportiva prevista para esta fin de semana. Non obstante a gravidade dos danos obrigará a suspender actividades como as escolas de judo ou atletismo ou a ximnasia de mantemento.
O Concello xa elaborou unha valoración dos danos máis graves e na orde do día da xunta de goberno do luns está previsto aprobar unha partida de 50.600 euros para cambiar varias chapas da cuberta e algún sistema de iluminación deteriorado.
Mentres tanto haberá que convivir cos numerosos cubos que están repartidos por todo o recinto deportivo para recoller a auga da chuvia.