Afástase o anticiclón con baixada de temperaturas aos 25 graos nas Rías Baixas ao longo da semana
Por Anxo Lourido
Este luns 3 de xullo, na primeira semana do mes, manteranse as altas presións e vento de compoñente norte. Espérase unha mañá de ceos con poucas nubes no sur da provincia de Pontevedra, segundo a predición do servizo de Meteogalicia. As temperaturas decienden lixeiramente situándose entre os 18 e os 31 graos. O vento soprará de compoñente norte en terra e con intervalos fortes no mar, ao sur das Rías Baixas.
Durante a xornada do martes debilitarase a influencia anticiclónica, coa aproximación dunha fronte cara a Galicia. O día iniciarase con ceos pouco nubrados na provincia de Pontevedra pero con temperaturas que baixarán pasando a intervalos de 15 de mínima e de 25 de máxima. O vento soprará frouxo de compoñente oeste.
Durante o mércores 5 espérase que os restos da fronte rocen o norte de Galicia. Será unha xornada na que se esperan ceos nubrados e con posibilidades de chuvascos que practicamente non rozarán as Rías Baixas. As temperaturas manteranse entre 16 e 25 graos, con vento frouxo de dirección variable.
O xoves 6 está prevista unha situación intermedia entre o anticiclón que permanece moi retirado ao oeste dos Azores e unha baixa centrada ao noroeste de Irlanda. Haberá néboas matinais en zonas de interior e alternancia de nubes e claros. As temperaturas seguirán descendendo lixeiramente chegando a mínimas de 14 e máximas de 23 nas Rías Baixas. Os ventos soprarán frouxos, do suroeste pola mañá e cambiando ao noroeste durante a tarde.
Cara á fin de semana permanecerá unha prolongación desta situación intermedia entre altas e baixas presións, aumentando a inestabilidade, con posibilidade de choiva. As temperaturas moveranse entre 13 e 22 graos.