Un can morre atropelado por un coche da Policía Local
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Un coche patrulla da Policía Local de Pontevedra atropelou este xoves a un can de raza Schnauzer cando paseaba sen correa na zona posterior do santuario da Peregrina.
Os feitos aconteceron sobre as 17.30 horas deste xoves. A patrulla circulaba pola zona peonil dende A Peregrina en dirección a Benito Corbal cando, nas inmediacións da praza de Ourense, se cruzou un can de pequeno tamaño e resultou atropelado.
O coche pasou por enriba do can cunha roda e, a pesar de que circulaba a pouca velocidade, como consecuencia das feridas sufridas, o animal faleceu. O Schnauzer era de pequeno tamaño e parecía estar moi nevioso.
Testemuñas presenciais relataron que a propietaria púxose moi nerviosa e desgustada e ela mesma recolleu a súa mascota e levouna, polo que non foi necesario solicitar a retirada do corpo. Fontes oficiais da Policía Local descartaron denunciar a muller a pesar de que non respectou a obriga de levar o seu can suxeito na rúa.