A Área Sanitaria acolleu a reunión do Consello Asesor de Pacientes composto por 24 asociacións
Por Redacción
A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés convocou este luns ao seu Consello Asesor de Pacientes.
Este consello foi constituído no ano 2019 e conta agora con 24 asociacións despois da incorporación o pasado mes de marzo das asociacións Xoan XXIII, XUNTOS de síndrome de Down, asociación de Alcohólicos Rehabilitados de Pontevedra, asociación ASARGA de sarcomas de Pontevedra e asociación de persoas xordas de Pontevedra -APXP-.
Entre outros directivos e responsables sanitarios, a reunión contou coa asistencia do xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, Jose Flores Arias.
Durante esta xuntanza analizáronse temas de diversa índole, tales coma a presentación dos novos responsables do equipo directivo da Área Sanitaria, a presentación das novas asociación ou un balance organizativo e asistencial de coma se asumiu por parte do Sistema Sanitario Público a xestión da pandemia de COVID 19 en Pontevedra e O Salnés.
Así mesmo, no transcurso desta convocatoria do Consello Asesor de Pacientes efectuouse un seguemento de planificación e de diversas casuísticas organizativas e asistenciais no eido da Atención Primaria e Hospitalaria, á vez que tamén se fixo un resumo da evolución e previsións do proxecto constructivo do novo hospital Montecelo.
Por parte dos colectivos integrados no Consello Asesor de Pacientes da Área, interviron directivos da asociación de enfermos de Alzheimer de Pontevedra, de APROPARK, de COGAMI, do colectivo de Alcohólicos Rehabilitados e da asociación de persoas xordas de Pontevedra, que aportaron propostas para coordinarse mellor co Sistema Sanitario Público no eido da Atención Primaria e a Hospitalaria, así coma nas futuras opcións de mellora que abrirá o novo hospital Montecelo.
O Consello Asesor de Pacientes da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés é un órgano colexiado de carácter consultivo, que ten por finalidade mellorar a calidade da asistencia sanitaria a través da percepción dos servizos sanitarios por parte dos pacientes.
Así mesmo, asesora á Xerencia da Área Sanitaria sobre as actividades que teñan impacto sobre as condicións da atención, a mellora da saúde e autonomía persoal e os contidos das guías de información dirixidas aos pacientes. Realiza propostas que potencien a información para incrementar a seguridade dos pacientes e colabora no deseño dos espazos asistenciais.
Relacionadas:
-
Andaina solidaria de pacientes de párkinson e familiares
Por Oskar Viéitez |
-
José Flores anuncia reforzos sanitarios este verán para Sanxenxo e O Grove
Por Oskar Viéitez |
-
Condenan o Sergas a indemnizar un paciente do Grove que tivo que operarse na sanidade privada durante a pandemia
Por Natalia Puga |
-
"Para que nos serve un plan de parto que non se vai respectar?", a denuncia de tres nais fronte ao sistema
Por Mónica Patxot & María José Pita |