O novo goberno de Sanxenxo terá un custo anual de 326.000 euros, un 18% máis que en 2019
Por Redacción
O novo goberno de Sanxenxo terá un custo anual de 326.000 euros, o que supón un 18% máis que no mandato anterior. Nesta subida inclúese o IPC, en torno ao 12%, polo que o incremento real do conxunto salarial sitúase no 6%.
Na composición do novo executivo haberá nove dedicacións parciais e unha exclusiva que recaerá na Concellería de Medio Ambiente, Mantemento e Servizos dirixida por Yago Torres cun salario de 38.600 euros anuais.
Na repartición de salarios do novo goberno, o alcalde cobrará 57.600 euros; María Deza, á fronte de Planificación Urbanística e Vivenda percibirá 41.600 euros; Paula Martínez, que dirixirá Facenda, Economía e Persoal cobrará 32.600; Paz Lago que se encargará da Concellería de Servizos Sociais e Maiores terá un salario anual de 32.600 euros. Marcos Guisasola, Juan Deza, Natividade Parada, Elena Torres e Xoán Pérez percibirán unha retribución de 24.600 euros anuais por cada unha das súas áreas.
O Pleno de organización terá lugar o vindeiro venres, ás 9:20 horas, está previsto aprobar a composición do novo executivo e os salarios. Tamén se incrementarán as asistencias a Pleno, que só percibirán os concelleiros da oposición, de 190 euros a 215 euros e das comisións informativas, de 95 a 110 euros.
Os plenos ordinarios cambian de horario neste novo mandato. Manteranse bimensuales, pero serán ás 10 horas e os últimos luns de mes.