Ingresada grave na UCI de Montecelo unha persoa enferma de gripe A
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Sanidade desvelou este xoves que seis persoas permanecen ingresadas en hospitais galegos afectadas polo virus H1N1, coñecido popularmente como gripe A. As dúas máis graves están na UCI de centros sanitarios de Vigo e Pontevedra.
Segundo o subdirector xeral de Información sobre Saúde e Epidemioloxía da Consellería de Sanidade, Xurxo Hervada, desde o inicio da tempada 19 pacientes requiriron ingreso hospitalario polo virus da gripe, dos cales 13 recibiron xa a alta hospitalaria. Tanto o paciente de Vigo como o de Pontevedra, en estado grave, "teñen problemas de base que ten máis posibilidade de que se complique cando padecen gripe".
En todo caso, Sanidade puntualiza que os casos que se rexistran actualmente en Galicia son similares aos do inicio da tempada pasada, ao rexistrarse na primeira semana de ola epidémica "15-16", similar ao mesmo periodo do ano anterior. "Espérase o pico ao final do mes", recoñecen desde a consellería.
"Non está sucedendo nada que non esperásemos", explicou Hervada, que precisou que os casos de gripe estanse dando coa "intensidade normal". Ademais, recordou que o ano pasado "o mesmo virus (H1N1) foi o que máis circulou".