Colisión entre un coche e unha moto en Poio
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Segundo informou o 112 ás 19:00 horas deste mércores rexistrouse un accidente de tráfico en Avenida de San Xoán, en Poio.
O sinistro consistiu nunha colisión entre unha moto e un turismo que se incorporaba á PO-308 dende o cruce de Liñares na coñecida como Costa de Albar.
Como consecuencia do impacto o motorista resulto ferido, sendo trasladado en ambulancia ata o Hospital Miguel Domínguez de Pontevedra.
A Policía Local de Poio dirixiu o tráfico para regular a circulación na zona xa que os dous vehículos quedaron en metade da calzada.