Pepa Pardo encabeza a lista do PP ao Senado por Pontevedra o 23X
![Natalia](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/9b5/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/577f8fbb69-hkm23_ri.jpg)
Por Natalia Puga
O Partido Popular aposta pola concelleira do PP de Pontevedra e número 2 do partido na cidade, Pepa Pardo, para encabezar a lista da provincia de Pontevedra ao Senado nas próximas eleccións xerais do 23J.
A formación deu a coñecer este mércores as súas listas para o Congreso e o Senado nas eleccións xerais, nas que xa se anunciou que a ex presidenta do Congreso e ex ministra Ana Pastor encabezará a lista ao Congreso.
Nas listas ao Congreso, o número 2 ocuparao Irene Garrido, exsecretario de Estado de Economía durante o goberno de Mariano Rajoy e que nas pasadas eleccións municipais presentouse como número 2 da candidatura que encabezaba Marta Fernández-Tapias en Vigo.
O tres ao Congreso é para Pedro Puy, ata o de agora portavoz do grupo parlamentario do PPdeG no Parlamento de Galicia.
A lista ao Congreso complétana: no número 4 o vilagarcián Juan Andrés Bayón Rolo; no 5, Juan Constenla, da Estrada; no 6, a concelleira en Marín Marián Sanmartin García; e no 7 Sergio Bugarín Morais do Porriño.
Como suplentes van, por esta orde: Paula Bouzós, Sara Martínez, Nicolás Lorenzo, Alberto Caldas, Lorena Soto, José Alfonso González, Raquel Touriño, Carlos Rodríguez, Carmen Gómez e Mari Carmen Seijas.
No Senado, o número 2 da lista é para o alcalde de Lalín, Pepe Crespo, e o tres para a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo.
Como suplentes van: do número 1, María Isabel Fole e Andrés Sampedro; do número 2 Santiago Rodríguez e Begoña Mariño; e do número 3 Montserrat Otero e Fernando Reyes.
Unha vez coñecidas as listas, a gran ausente é a ata o de agora senadora Pilar Rojo.
Relacionadas:
-
Conxura no PP de Pontevedra para facer presidente a un Feijóo "que nos va a representar mejor que nadie"
Por Alejandro Espiño |
-
Ana Pastor, "ilusionada" ante un cambio de Goberno en España tras cinco anos "perdidos" para Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Frente Obrero, Pacma, Por un mundo máis Xusto, PCTG e Recortes Cero preséntanse ao 23X por Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
O Partido Socialista presenta as súas candidaturas ao 23X para "la defensa a ultranza de este territorio"
Por Oskar Viéitez |
-
Ana Pastor liderará a lista do PP ao Congreso dos Deputados por Pontevedra
Por Redacción | Creada e actualizada