Este 15 de xuño ábrese o prazo para solicitar postos de hostalaría, mercado, xantares e ceas da Feira Franca 2023
Por Redacción
Desde este 15 de xuño ata o 17 de xullo manterase aberto o prazo para presentar solicitudes para postos de hostalería, mercado, comidas e ceas para a edición da Feira Franca deste 2023.
As solicitudes poden presentarse a través da web www.feirafranca.pontevedra.gal ou de forma presencial na oficina da Feira Franca situada no edificio do antigo conservatorio, na Rúa Alfonso XIII.
O horario de atención ao público será de 10.00 a 14.00 horas. Tamén se poderá realizar a través do teléfono 986.860.587 ou polo correo electrónico feirafranca@pontevedra.gal
O 1 e o 2 de setembro volverá celebrarse esta Festa de Interese Turístico Galego no centro de Pontevedra, cita consolidada como o peche do verán cunha recreación do mercado medieval do século XV coa escenificación de distintos oficios e dun torneo con enfrontamentos seguindo a estética da época.
A Feira Franca é unha viaxe no tempo ao ano 1467 cando o rei Enrique IV autorizaba a celebración dun mercado libre de impostos ao longo de todo un mes.