O Ministerio de Transportes acorda obras de máis dun millón de euros na N-541 onde caeu o autobús ao Lérez
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
As obras de reforma da N-541, ao seu paso por Cerdedo-Cotobade, no lugar onde se producía o tráxico accidente dun autobús o 24 de decembro de 2022 terán un investimento de 1.101.764 euros.
Así o acordaba o Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana este martes 13 de xuño cando tomaba razón da declaración de emerxencia destas obras de reparación e cambio do sistema de contención de vehículos actual do viaduto de Vichocuntín sobre o río Lérez, no punto quilométrico 66+900 da estrada N-541.
No acordo faise mención á calída ao río do autobús, que "produciu danos de gravidade nos sistemas de contención de vehículos existentes no lateral dereito da estrutura, que implican un grave risco para a vialidad e a seguridade viaria", indican.
O prazo estimado de execución das obras é de seis meses, contados a partir da data de inicio dos traballos, segundo comunica o goberno estatal.
O Ministerio atende así a solicitude da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia que trasladaba a grave situación existente nese tramo e por este motivo estima "necesario" acometer "de inmediato" determinadas actuacións de inspección e reforma nesta estrada.