Unha borrasca descargará unha tormenta eléctrica esta noite ao seu paso polas Rías Baixas
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Unha nova borrasca está a entrar en Galicia ao longo deste mércores 15 cunha fronte fría que afectará ás Rías Baixas durante a tarde. Durante toda a xornada, os ceos estarán moi anubrados e as chuvias entran dende o oeste cun aumento en intensidade ao longo da tarde. Segundo expón o servizo de MeteoGalicia, as nubes iranse trasladando cara ao leste e durante a noite chegarán acompañadas dunha tormenta con aparato eléctrico.
Nesta xornada non se rexistrarán temperaturas non terán cambios significativos, polo que os valores continuarán a ser moi suaves en xeral. Os ventos soprarán do sueste, fortes e moi fortes no litoral e en zonas altas e moderados, con intervalos fortes.
Para mañá, xoves 16, a borrasca centrada ao norte de Irlanda trasladará ondas cara ao litoral galego que alcanzarán entre 5 e 7 metros. Por este motivo, manterase activa a alerta laranxa en toda a costa.