Os 'polis' Lola e Paco saen de rolda polos colexios de Sanxenxo
Por Redacción
A Concellaría de Seguridade Cidadá, que dirixe Salvador Durán, expoñerá a partir do xoves aos escolares do municipio as normas que regulan a circulación de vehículos e persoas polas calzadas e beirarrúas. "ÿ fundamental que os nenos e nenas adquiran estas nocións dende pequenos para que desenvolvan actitudes responsables en canto á seguridade viaria", recordou o edil delegado desta área.
Este é o principal motivo polo que dende o ano 2008 a Policía Local está a desenvolver un amplo programa estendido a todos os niveis educativos e que mesmo foi obxecto de estudo a nivel nacional no VII Encontro de Educación Vial que se celebrou en novembro en Cantabria.
E é que para facer máis comprensibles os contidos das sesións e adaptalos ás idades dos destinatarios, os responsables desta iniciativa utilizan un recurso pedagóxico pioneiro en Galicia e que contou cunha grande acollida na pasada edición, como é o monicreque coñecido como 'Poli Paco'.
Agora, este peculiar axente estará acompañado pola 'Poli Lola' que se incorpora a esta actividade co fin de trasmitir aos nenos a realidade dos equipos das Policías Locais, integradas por profesionais de ambos os dous sexos.
Os estudantes do colexio Abrente serán os primeiros en coñecer a nova compañeira do 'Poli Paco', xa que o plan municipal de educación vial comezará o xoves neste centro con charlas teóricas que se prolongarán ata o día 24. Pola súa banda, as clases prácticas nun circuíto de bicicletas terán lugar o 28, 29 e 30 cunha duración aproximada dunha hora.
Relacionadas:
-
Abelardo Martínez, promotor do "Poli Paco", medalla á seguridade viaria
Por Redacción |
-
Sanxenxo oferta dez programas educativos para escolares
Por Redacción |
-
O programa de educación viaria da Policía Local de Sanxenxo, premiado polo RACE
Por Redacción |
-
Nace en Sanxenxo a primeira asociación de Galicia de Técnicos de Educación Vial
Por Redacción |