Dous homes resultan feridos nunha saída de vía en Ribadumia
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Dous homes resultaron feridos nun accidente de tráfico rexistrado este luns ao saírse da vía un vehículo na parroquia de Leiro, termo municipal de Ribadumia.
Segundo a información facilitada polo 112 Galicia o sinistro tivo lugar sobre as 12.00 horas. Foi un particular o que alertou da saída de vía, polo que foron mobilizados a Garda Civil de Tráfico, Protección Civil, o 061 e os Bombeiros do Salnés.
O 061 desprazou unha ambulancia asistencial e outra medicalizada que, no primeiro caso, levou a un varón de 65 anos ao Hospital do Salnés e, no segundo, a un home de 82 anos a outro centro hospitalario.