ÿscar Graña e o Conservatorio de Música Manuel Quiroga, Premios Cidade de Pontevedra
Por Redacción
O xurado dos premios Cidade de Pontevedra tardou menos dunha hora en decidir que os galardoados pola súa actividade durante o ano 2013 fosen, no apartado individual, o piragüista ÿscar Graña, e no apartado de persoas xurídicas, o Conservatorio de Música 'Manuel Quiroga'.
Segundo sinalaba a concelleira Anxos Riveiro, presidenta do xurado, foi un ano moi difícil porque todos os aspirantes ofrecían unha importante traxectoria que viña a demostrar que, sobre todo, a nivel cultural e deportivo a cidade de Pontevedra conta con numerosos e grandes candidatos.
Na traxectoria de ÿscar Graña hai que destacar os tres oros mundiais obtidos na súa especialidade, o piragüismo maratón, aos que hai que sumar cinco medallas en europeos. En xullo recibía a medalla de bronce á Real Orde ao Mérito Deportivo. Graña fora proposto pola Federación Galega de Piragüismo.
Pola súa banda, o Conservatorio Profesional de Música de Pontevedra 'Manuel Quiroga' celebrou 150 anos de historia e, segundo Anxos Riveiro, "é máis que un moi bo centro de ensino público do que saen grandes figuras a nivel musical e é un espazo aberto á cidade e que intenta que a música se achegue a centros de ensino de toda a cidade". A súa candidatura fora presentada pola Coral Polifónica de Pontevedra e traspapelárase no Departamento de Cultura, polo que se converteu na última en notificarse publicamente.
Ambos os dous impuxéronse a Xosé Fortes e Javier Munáiz no apartado de persoas físicas e ao Club Cisne Balonmano e ao Rotary Club nas candidaturas a persoas físicas.
Ambos os dous premiados recibirán o Teucro de prata e o diploma acreditativo durante unha sesión de honra do pleno municipal que se celebrará o vindeiro 21 de xaneiro, con motivo da festividade de San Sebastián.
Relacionadas:
-
Coñeces algún candidato para o premio Cidade de Pontevedra?
Por Redacción |
-
Prohibiu a Deputación a Carlos Valle acudir aos Premios Cidade de Pontevedra?
Por Oskar Viéitez |
-
O Conservatorio de música Manuel Quiroga tamén opta aos premios Cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
ÿscar Graña, proposto pola Federación Galega de Piragüismo para os premios Cidade de Pontevedra
Por Redacción |