ÿscar Graña, proposto pola Federación Galega de Piragüismo para os premios Cidade de Pontevedra
Por Redacción
Xa coñecemos o primeiro dos candidatos aos premios Cidade de Pontevedra. O padexeiro ÿscar Graña optará ao galardón na categoría de persoas físicas. A súa é, polo momento, a única candidatura presentada. No seu caso, propono para este premio a Federación Galega de Piragüismo, como recoñecemento á súa dilatada carreira deportiva.
ÿscar Graña, nacido en Pontevedra en 1976, é un dos mellores deportistas pontevedreses da historia. Na súa disciplina, o piragüismo maratón acadou tres oros mundiais, ademais de numerosas medallas en europeos e outras competicións: en total sete medallas nos Campionatos do Mundo e cinco nos Europeos. O pasado mes de xullo recibiu a medalla de bronce ao Real Orde ao Mérito Deportivo tendo en conta o seu historial deportivo.
Para esta categoría de persoas físicas, así como na de persoas xurídicas, o Concello de Pontevedra mantén aberto o prazo para a presentación de candidaturas. Será ata o vindeiro 7 de xaneiro. As persoas ou entidades interesadas en presentar candidaturas poden dispor das bases tanto no rexistro xeral do Concello como no taboleiro de anuncios.
Relacionadas:
-
ÿscar Graña e o Conservatorio de Música Manuel Quiroga, Premios Cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
O Conservatorio de música Manuel Quiroga tamén opta aos premios Cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
Xosé Fortes e o Rotary Club, últimos candidatos aos premios Cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
O avogado Javier Munáiz Puig e o Club Cisne Balonmano, candidatos aos Cidade de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Quen merece o Premio Cidade de Pontevedra?
Por Redacción |
-
Pontevedra brinda polos seus campións mundiais
Por Diego Espiño |