O DOGA publica a modificación do Plan Xeral en Campolongo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Diario Oficial de Galicia publica este venres o anuncio da aprobación definitiva da modificación puntual do Plan Xeral de Planificación Urbanística para terreos situados entre Campolongo e Rosalía de Castro.
Trátase de zonas que forman parte do convenio asinado polo alcalde con Defensa, a través do Instituto de Vivenda, Infraestrutura e Equipamento da Defensa (INVIED).
Con esta modificación do PXOM a cidade gañará un total de 10.000 metros cadrados para as persoas en zonas estratéxicas e case 4.000 metros cadrados na contorna de Rosalía de Castro.
Grazas a este convenio crearase unha praza entre Rosalía de Castro e Manuel del Palacio, coa posibilidade de construír 220 novas vivendas. Ademais, no acordo asinado con Defensa recóllese que o Concello obterá un novo local de 367 metros cadrados.