Evacúan en helicóptero unha persoa que se cortou cunha radial en Ons
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Unha persoa tivo que evacuada en helicóptero desde a illa de Ons este domingo despois de sufrir un corte cando estaba a manipular unha radial.
Segundo a información facilitada polo 112 Galicia, o ferido foi evacuado na aeronave medicalizada con base en Santiago ata o Hospital Montecelo.
O 112 tivo coñecemento do sucedido a través da chamada de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 sobre as 13:30 horas deste domingo.
Desde o 112 informouse a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes Garda Civil e da Policía Local de Bueu.
Á súa vez, alertouse ao persoal do Parque Nacional Illas Atlánticas.