A arte das críticas chega a Pontevedra co 'Escalón de la muerte', "una montaña rusa, pero en tu propio coche"

Por Almu Dapena

© Cristina Saiz

© Cristina Saiz
Existen poucas cousas no mundo da internet que se libren de recibir recensións e puntuacións, xa sexan positivas ou negativas. Porque hoxe en día, todo o mundo, antes de comprar un produto ou de asistir a algún sitio, primeiro revisa o que opinaron outros usuarios.
Estes comentarios poden chegar a ser de todo tipo, desde información construtiva para a mellora do servizo; dos chamados 'trolls', que na súa maioría buscar crear polémica; ou outros, simplemente, que queren ser orixinais e poñerlle un toque de humor á vida.
Neste último caso entran en xogo Pontevedra e os seus famosos badenes aínda que, para ser máis concretos, as xuntas de dilatación que unen a ponte localizada no Paseo Domingo Fontán, a estrada que une a Ponte das Correntes e o Parque de Bombeiros, e que se converteron nunha fochanca ao que os usuarios bautizaron como "Escalón de la muerte".
Mesmo o denominaron "lugar de interese histórico". E podería ser das poucas cousas que contan cun pleno de cinco estrelas (máxima puntuación) na internet, outorgada por un total de 22 de usuarios que, por suposto, quixeron deixar a súa opinión.
"Espectacular. Deseando que mi coche salga del taller de la ultima visita para volver a pasar por ahí", indicou un pontevedrés que visitou o 'Escalón de la muerte' en fin de semana. Neste caso, a espera foi de ata 10 minutos.
Outro usuario, que segundo explicou realizou a visita nun día laborable, suxire que mesmo podería ser "una de las obras perdidas de Calatrava", pero advirte: "ojo si vas con empastes, aprieta fuerte los dientes o igual te salta alguno. A mi Micra ya le noto el miedo cuando nos acercamos". "Mi tío Gerundio pasaba por ahí con su coche y salió con una moto. Recomendable pasar", suxiren.
Tamén podemos saber as moitas sensacións que produce o Escalón de la muerte, parecidas á de "una montaña rusa, pero en tu propio coche" ou "algo similar al aterrizaje de un avión de Ryanair, una vez que estás con el coche parado después del aterrizaje sientes una alegría enorme si tu coche simplemente se encuentra entero. Sensación recomendable de vivir antes de salir de esta maravillosa ciudad".
Hainos tamén que recomendan facer o roteiro "en ambulancia con un par de huesos rotos y aprovechar el tour para saltar uno de los cuantos badenes que hay en la ruta hasta este punto turístico. Un placer disfrutar de estos detalles en una urgencia".
Desde hai un mes, as achegas dos internautas non pairan, cada cal máis enxeñosa. Bromas aparte, tamén hai usuarios que achegan datos máis históricos e obxectivos, como a súa medida, case 10 cm de altura. En todo caso, o que está a espertar son grandes doses de creatividade. "Desde 1992, en dos o tres ocasiones, alguna entidad privada o Administración Pública ha intentado sabotearlo, impidiendo que residentes y turistas puedan apreciarlo", dixo o usuario que inaugurou estes comentarios tachando esta situación como "hito de la ingeniería civil". E desde entón non pararon.
'Escalón de la muerte', lugar de interés histórico en Pontevedra
As xuntas de dilatación que unen a ponte localizada no Paseo Domingo Fontán, a estrada que une o Puente das Correntes e o Parque de Bombeiros, convertéronse nunha fochanca ao que os usuarios bautizaron como "Escalón de la muerte"
© Cristina Saiz