28M | Rueda inicia a campaña apoiando o candidato do PP en Barro, Eduardo Ruadas
Por Redacción
Nun dos seus primeiros actos oficiais de campaña, o presidente do PP de Galicia e da Xunta, Alfonso Rueda, estivo este venres en Barro para mostrar o seu apoio ao candidato local, Eduardo Ruadas.
Acompañado de afiliados, simpatizantes e veciños, Rueda visitou a sede do Partido Popular en San Antoniño e protagonizou un paseo polo centro urbano visitando varios locais comerciais.
"Barro ten moito futuro por diante e ten que ser da man de Eduardo e de toda a súa xente", sinalou o presidente do PP de Galicia, defendendo que "Eduardo e o seu equipo representan o aire fresco e as ideas novas necesarias para poñer Barro no bo camiño".
Pola súa banda o candidato á alcaldía agradeceu "o compromiso explícito con esta visita do Presidente Roda con Barro, cun equipo renovado e con moito futuro por diante".