A risa ten efectos terapeúticos positivos e ademais é gratis. Así que, a que esperas para tomar o primeiro capítulo do novo podcast de PontevedraViva Radio?. Chámase 'Boomer o último' e protagonízano dous boomers pontevedreses: Marcial Outeda e Jesús Fontanes.
Bótanlle moita retranca a cada un dos podcast que gravan. No primeiro enredáronse entre grupos músicales españois da década dos 80; e é que nestes programas ademais de sentido do humor tamén hai sentido nostálxico. En cada capítulo compiten por demostrar quen é máis boomer na materia e quen gana ten dereito a 'O despezamento', unha sección para sacar o seu lado máis hater, que... con que artista desquitáronse esta vez?.
'Boomer o último' pode escoitarse quincenalmente os sábados ás 12.00 horas desde o streaming de PontevedraViva Radio, que pode seguirse desde a páxina web. E tamén desde a web pódese escoitar e descargar cada un dos podcast para oirlos no momento que se prefira. Para empezar poñémoscho fácil, na ligazón que se achega só tes que darlle ao play para escoitar.