Dous detidos e 200 quilos de haxix incautados nunha nova operación antidroga en Arousa
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A Policía Nacional detivo este martes dúas persoas e logrou incautar ao redor de 200 quilos de haxix na última operación antidroga desenvolvida polo Grupo de Resposta Especial para o Crime Organizado (GRECO) Galicia.
Segundo a información adiantada por Diario de Arousa, axentes encapuchados da Policía Nacional realizaron este martes rexistros en inmobles de Vilagarcía e Vilanova.
Fontes oficiais confirmaron a detención de dúas persoas e a incautación da citada cantidade de haxix.
Esa droga supostamente trasladouse ata a comarca de Arousa nun vehículo preparado para iso cunha caleta.
A operación realizouse con apoio de axentes da Comisaría de Vilagarcía.
Os dous detidos pasaron a noite en dependencias da Policía Nacional e ao mediodía deste mércores foron postos ao dispor xudicial, ambos os dous investigados por un delito contra a saúde pública na súa modalidade de tráfico de drogas que causan grave dano á saúde.
A maxistrada do Xulgado de Instrución número 1 de Vilagarcía, en funcións de garda, decretou o ingreso en prisión dos dous, aínda que unha é eludible baixo fianza.
Así, segundo a información facilitada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), para un deles ditou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza e, para o outro, o ingreso en prisión provisional, eludible baixo fianza de 30.000 euros.
Relacionadas:
-
Un almacén de seguridade con 200 quilos de haxix, un histórico narcotraficante e o intento frustrado de sacar a droga
Por Natalia Puga |
-
O xefe da Brigada Central de Estupefacientes, Antonio Martínez Duarte, premio Nécora de Ouro
Por Oskar Viéitez |
-
Catro detidos nunha operación contra unha rede de transporte de drogas
Por Oskar Viéitez |
-
Catro detidos en Arousa nunha nova operación contra o tráfico de drogas
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Arousa, de novo epicentro dunha operación policial contra o narcotráfico
Por Redacción |