Arousa, de novo epicentro dunha operación policial contra o narcotráfico
Por Redacción
A Policía Nacional desenvolveu este luns unha nova operación policial contra o narcotráfico na zona de Arousa.
O operativo foi declarado secreto e, por agora, descoñécense os detalles, aínda que desde o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirmaron que son 21 as persoas detidas.
O dispositivo policial despregouse desde primeiras horas da mañá, principalmente nos municipios da Illa de Arousa, Vilanova e Vilagarcía, onde os rexistros sucedéronse ao longo de toda a mañá. Ademais, tamén houbo intervencións en Cambados, Catoira, Boiro e Rianxo.
Entre os lugares inspeccionados está un chalé na zona da Laxe, en Vilagarcía; outra vivenda en San Miguel de Deiro (Vilanova) ou unha nave de Catoira. Nestes rexistros, que maioritariamente foron en domicilios, comisouse diñeiro, coches e teléfonos móbiles.
Ademais de axentes das diferentes unidades antidroga da Policía Nacional, Udyco e Greco Galicia, o operativo viuse reforzado coa presenza dun helicóptero ou por cans do servizo cinolóxico.
A operación está a ser coordinada polo xulgado de instrucción número 1 de Vilagarcía.
Relacionadas:
-
Dous detidos e 200 quilos de haxix incautados nunha nova operación antidroga en Arousa
Por Redacción | Creada e actualizada
-
A Policía Nacional desartella nas Rías Baixas un grupo criminal ao que se lle interveu máis de cinco toneladas de haxix
Por Oskar Viéitez |
-
Prisión provisional para cinco dos detidos en Arousa, acusados de tráfico de drogas
Por Oskar Viéitez |