23 mesas petitorias da AECC de Pontevedra solicitarán este xoves fondos para a investigación do cancro
Por Redacción
Este 11 de maio instalaranse as mesas petitorias no tradicional acto de solicitude de axudas da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) polas rúas de Pontevedra.
Baixo o lema "Todos contra o cancro", 209 persoas voluntarias, colaboradores habituais e persoal da entidade percorrerán distintos puntos do centro urbano solicitando colaboración económica co obxectivo de conseguir fondos para a investigación en cancro.
Segundo os datos que facilita a AECC, a taxa de supervivencia en casos de cancro en homes alcanza o 55,3% mentres que en mulleres ascende ao 61,7%. O obxectivo deste colectivo é superar o 70% no ano 2030.
Desde as 10.00 horas deste xoves estarán en funcionamento as 23 mesas petitorias distribuídas en diferentes zonas da cidade do Lérez. Cada mesa contará cunha bandeira para que toda aquela persoa que o desexe a firme uníndose ao obxectivo da loita contra esta enfermidade e animar a máis cidadanía a colaborar.
A AECC lembra tamén que o cancro é o problema sociosanitario máis importante do mundo xa que un de cada dous homes e unha de cada tres mulleres verase afectado por esta enfermidade ao longo da súa vida. En España hai un diagnóstico de cancro cada dous minutos e calcúlase que para o 2030 haberá máis de 330.000 casos novos.
Nesta ocasión, a BRILAT, as asociacións Boa Vida, Amencer, a Sociedad Gimnástica de Pontevedra e os colexios Doroteas, SEK e Los Sauces colaboran solicitando axudas durante a mañá e a tarde deste 11 de maio.
Relacionadas:
-
Mariano Rajoy e Alfonso Rueda coinciden na gala solidaria a favor da AECC na Toxa
Por Redacción |
-
Un desfile no Náutico recadará fondos para a Asociación contra o Cancro de Sanxenxo
Por Redacción |
-
O voluntariado da AECC toma a cidade para conseguir fondos para a investigación contra o cancro
Por Manu Otero & Juan Manuel García Tajes |
-
Incorporan a intelixencia artificial ao servizo de Aparello Dixestivo da área sanitaria para mellorar os cribados de cancro de colon
Por Redacción |
-
'Move o cu', a campaña da AECC para loitar contra o sedentarismo, unha das causas do cancro de colon
Por Anxo Lourido |
-
A AECC en Pontevedra impartirá dous obradoiros gratuitos para pacientes oncolóxicos
Por Álvaro Arosa Barco |