O Concello de Marín entrega axudas a diferentes entidades sociais
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Concello de Marín realizou os pagamentos correspondentes ás entidades sociais que teñen de xeito nominativo incluída a súa asignación nos presupostos anuais do municipio.
Realizáronse a firma dos convenios que estaban pendentes do ano 2012, que foron pagados este ano 2013 ás entidades sociais seguintes: Comedor de Voluntarias San Vicente de Paul, por 5.000 euros; Asociación Española contra o Cancro, por 4.000 e Asociación Protectora de Animais, 2.000 euros.
Estas cantidades foron xustificadas con facturas que foron presentadas, procedéndose nos últimos meses do ano ao aboamento correspondente a cada unha delas.
Ademais do Comedor de San Vicente Paúl, e a Asociación contra o Cancro, con cargo ao presuposto do ano 2013 pasouse a introducir outras entidades que terían tamén asignada a cantidade de forma nominativa e que son Cáritas Diocesana, con 3.000 euros e o Instituto Illa de Tambo con 1.500.
Destas últimas serán xustificadas e abonaranse nos primeiros meses deste ano 2014, tanto polo labor social que realizan coma polo uso deportivo que presta o Pavillón do Instituto en prol de seguir mantendo esa colaboración entre as dúas administracións de utilización das instalacións.
AXUDA DA DEPUTACIÿN
Ademais, fíxose entrega dunha axuda adicional ao Comedor das Voluntarias que foi entregado en nome da Deputacion de 4.000 euros que axuda a maiores á cantidade que anualmente se percibe do organismo provincial.
A axuda foi entregada pola alcaldesa de Marín, María Ramallo, que ademais é deputada provincial, a María del Carmen Dapena voluntaria e tesoureira desta institución.