Quen reclama abrir Raiña Vitoria "aposta porque os veciños paguen por circular ou que compren un coche eléctrico"
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
Para este venres está convocada unha manifestación "contra el cierre de Reina Victoria y para que no cierren el Puente de A Barca". Nos carteis cos que se publicita esta protesta os organizadores non se identifican.
Os convocantes engaden que "queremos que todos los partidos digan claramente cuáles son sus intenciones una vez pasadas las elecciones".
Preguntada polos xornalistas durante unha rolda de prensa celebrada este martes, a portavoz do goberno municipal de Pontevedra, Anabel Gulías indicou que este é "un tema que xa está moi claro por parte do gobemo local".
Anabel Gulías enmarcou este debate nos problemas que expón a implantación das chamadas Zonas de Baixas Emisións (ZBE) que son áreas nas que o acceso a determinados vehículos está restrinxido debido ás súas emisións, é dicir, son medidas pensadas para mellorar a calidade do aire. Circunscríbense a unha área ampla dentro da cidade, ou mesmo á cidade enteira, e permiten a entrada aos vehículos que cumpren cos mellores estándares de emisións.
"Para cumprir cos mandatos da Unión Europea hai que tomar decisións e unha delas pasa por pagar por circular nas cidades ou por adquirir un vehículo eléctrico", afirmou a portavoz do Goberno local que cre que quen reclama volver abrir ao tráfico a avenida de Raíña Vitoria "aposta porque os veciños paguen por circular ou que compren un coche eléctrico, porque senón é imposible cumprir coas zonas de baixas emisións".
A portavoz municipal lembrou que "nós temos un modelo radicalmente diferente".
E recalcou que "o gobemo local non vai a tocarlle o peto aos veciños, non vai a facer que os veciños paguen por circular nin lles obrigará a que compren un coche. Non irnos dar un paso atrás. Os que queren reabrir Raíña Vitoria si queren levar a Pontevedra a esa involución", sentenciou.
Relacionadas:
-
Unhas 400 persoas maniféstanse contra o peche de Raíña Vitoria
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O PP volverá manifestarse en contra do peche de Raíña Vitoria
Por Oskar Viéitez |
-
Rafa Domínguez e Ángel Moldes piden transparencia ao goberno local cos seus plans para o tráfico na ponte da Barca
Por Natalia Puga |